PALPITACIONES

jueves, 18 de mayo de 2023

AMENCEU

e a luz do novo día 

entrou caladamente,

o balbordo  de Babel 

tornouse Pentecostés.

No branco papel,

un garabato dun neno

fíxose a, e, i, o, u;

vogais petando na porta 

das consonantes.

Houbo gando e peixes,

montes e vales,

maceiras e laranxos,

asubíos dos paxaros 

e o máis grande

nenos e vellos danzando,

xente nova que ri 

e nomea a vida 

que Deus nos regala 

con trazos de esperanza.






No hay comentarios:

Publicar un comentario