PALPITACIONES

domingo, 2 de septiembre de 2018

HOXE

Agora. Hic et nunc. Deus mesmo para ti, todo teu, incondicional, sen ningún tipo de presa. Preto de ti, en ti, mais dentro de ti ca ti mesmo. Para escoitar os sons do teu corazón. No silencio, na tua inquedanza mais fonda, nese xesto de axudarlle a alguén a levar o seu cesto cheo de queixas. El sempre ahí contigo, na espera dun café morne, ao teu carón cando ninguén te entende e sofres. Cando levantas a bandeira da victoria e o champán se asperxe sobor toda a humanidade. 
Contigo muller con moratóns agochados, neses ollos embagoados pero con un corazón cheo de vida que  naide che pode arrebatar. Él como Aquel que se aleda cando saes adiante porque El resucita contigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario